O City Lift exhibe eficacia goleadora na pista dun frouxo CD. Portosín

Rebo2

   O City Lift A Estrada Futsal impúxose onte no Municipal Alonso Rodríguez nun partido onde sempre foi moi superior ao CD Portosín. As de Manuti xa vencían aos 20 segundos de partido e terminaron impoñéndose por un marcador de 2-5 tras exhibir a súa eficacia goleadora diante do conxunto do Barbanza. Dúas dianas de Eva, e os goles anotados por Sonia, Magalí e Luchi foron suficientes para evidenciar a enorme diferenza existente entre os dous equipos.

   As da Estrada xa se foron ao descanso cun cómodo 1-3 no marcador ao seu favor, e incrementaron a súa renda nunha segunda parte onde apenas pasaron apuros diante dun frouxo Portosín. O City Lift formou cun quinteto inicial no que estaban María, Luz, Sonia, Luchi e Eva. Manuti tamén deu minutos durante ao partido a Magalí, Alba, Miriam Reboredo e Cova.

(Faro de Vigo, 07/02/2016)

helvetia
Samaná
Edente
Aluminios Campos
Centro Médico San Paio
Start Motor
Reale Seguros
Vidromoss
 
Copyright © 2025 aestradafutsal. All Right Reserved.
Powered By Joomla Perfect