O Vasán-Cubik Seguros presentou a Moro na Estrada.

moro

Reboredo con Moro, que pecha a lista de fichaxes do club. M. MÍGUEZ.

O Vasán-Cubik Seguros de fútbol sala presentou onte no pavillón Coto Ferreiro da Estrada a Moro, a fichaxe coa que dá por pechada o planel para a próxima tempada. Unha incorporación dun pivot no que ten depositadas moitas esperanzas para resolver en ataque, porque chega ao equipo estradense con vítola de goleador e unha traxectoria moi destacable no mundo do fútbol sala. Pablo Ricardo Lozano Gay, "Moro" no mundo do deporte, é natural de Benavente (Zamora) e alí deu os seus primeiros pasos na competición: iniciouse como cadete no Fontanería Mañanes, para pasar máis tarde ao Atlético Benavente tres anos, alternando os dous últimos a súa participación no equipo xuvenil e no de Primeira Nacional A. Máis tarde pasou ao Autos Lobelle, alternando nos últimos anos intervencións co equipo de Primeira Nacional e o filial. A última tempada e media xogou en Automoción A Junquera, de Vilagarcía.

Desde o conxunto estradense indicaron que Iván pode causar baixa por motivos laborais, polo menos ata decembro. En función dos resultados deportivos, podería cubrirse ou esperar a súa posible volta.

O equipo debutará o vindeiro domingo, en Pazos de Borbén, ás 12 horas.

(La Voz de Galicia, 24/09/2013).

helvetia
Samaná
Edente
Aluminios Campos
Centro Médico San Paio
Start Motor
Reale Seguros
Vidromoss
 
Copyright © 2024 aestradafutsal. All Right Reserved.
Powered By Joomla Perfect