O Vasán-Cubik Seguros debuta en Terceira cunha derrota.

Os estradenses caíron vítimas das súas concesións defensivas diante do Borbén.

Pazos borben

Imaxe dun partido anterior do equipo estradense no Coto Ferreiro. // Bernabé/Javier Lalín.

O Vasán-Cubik disputou onte o primeiro partido da súa historia. O debut dos estradenses en Terceira Nacional non puido ter peor resultado, xa que caeron por 7-5 na súa visita á pista do Pazos de Borbén. Malia a súa derrota final, os de Juáncar deixaron unha boa imaxe nunha primeira parte na que realizaron un gran traballo defensivo. Os estradenses deixaron a cero a súa portería e adiantáronse por medio de Tojo. Esta imaxe cambiou drasticamente nunha segunda parte na que os seus erros defensivos foron unha lousa. Os locais remontaron para poñerse 3-1 pero o Vasán-Cubik volvía a igualar. O Borbén sentenciou no tramo final. Polos visitantes marcaron Moro (2), Fabián e Rafita. Polo equipo estradense xogaron Céar, Tojo, Mouro, Botel, Rafita -quinteto inicial- Maricho, Reboredo, Kinso, Tossi, Marcos Sesar e Fabián.

(Faro de Vigo, 30/09/2013).

helvetia
Samaná
Edente
Aluminios Campos
Centro Médico San Paio
Start Motor
Reale Seguros
Vidromoss
 
Copyright © 2024 aestradafutsal. All Right Reserved.
Powered By Joomla Perfect