Juáncar: "Podemos dar a sorpresa".
O técnico do Vasán-Cubik valora as opcións do seu equipo pese ao seu incio con derrota.

juancar1

Juáncar, onte no adestramento do seu equipo no Coto Ferreiro. Bernabé/Javier Lalín.

O Vasán-Cubik A Estrada Futsal viviu o pasado domingo o primeiro partido da súa historia. Este encontro saldouse cunha derrota por 7-5 que non mermou a ilusión no seo do equipo. Cun bloque asentado nos xogadores da casa e co vello capitán Juan Carlos Roia "Juáncar" aos mandos, os estradenses aspiran a manterse na categoría como primeiro paso. O seu técnico agarda con todo que poidan dar máis. "A actitude e o compañeirismo dentro deste equipo é espectacular. Con estas ganas non podemos descartar nada. Non creo que vaiamos terminar entre os catro primeiros, porque seguro que nos tocará pagar a novatada, pero creo que podemos dar a sorpresa", argumentou.

O adestrador sinalou que o primeiro partido deixou boas sensacións malia a derrota. "Pensei que ía ser peor do que foi. Fixemos unha gran primeira parte, na que nos fomos 0-1 pero puidemos ir 0-2 ou 0-3. Na segunda creo que notamos o cansazo e perdemos por cinco fallos. Con todo, son fallos correxibles, así que en liñas xerais estou contento", afirmou.

A nivel táctico, o adestrador compostelán recoñeceu que avanzaron moito ao longo da pretempada, adquirindo ademais novos conceptos. "Estou contento co equipo e co traballo que están realizando en pista. Hai que seguir traballando pero en estratexia xa estamos moi ben. Quedan cousas por corrixir pero por exemplo xa traballamos ben o xogo con Moro na posición de pívot. É un xogador que nos virá moi ben", afirmou.

Tras anos dentro da pista, Juáncar asume agora a súa rol fóra dela. "O vivo moito pero como adestrador téñome que acougar un pouco. Non podo meterme tanto", explicou.

(Faro de Vigo, 02/10/2013).

helvetia
Samaná
Edente
Aluminios Campos
Centro Médico San Paio
Start Motor
Reale Seguros
Vidromoss
 
Copyright © 2024 aestradafutsal. All Right Reserved.
Powered By Joomla Perfect