equipo.liga

Equipo do Vasán-Cubik que debutou onter como local. // Bernabé/Luismy

O Vasán-Cubik cae no seu debut ligueiro como local diante dun mellor Santiago B.

O Vasán-Cubik A Estrada Futsal non puido brindar onte unha vitoria á súa afección no primeiro partido da tempada dos de Juáncar no Coto Ferreiro. O cadro estradense foi superado polo Santiago B nun partido que finalizou cun axustado 4-5 para os de Compostela, que ao descanso tamén vencían por 2-3 aos da Estrada. Ambos conxuntos ofreceron un choque por momentos aloucado, sobre todo, despois de que os locais conseguisen empatar a 3 tras un mal inicio do Vasán-Cubik que fixo que o filial do Santiago estivese 0-3 no marcador.

Os de Juáncar formaron cun quinteto inicial composto por Maricho, Mouro (1), Toxo (1), Sesar e Rebo, que entrou máis frío que o rival na pista do Coto Ferreiro. Tras remontar e igualar a contenda, o Vasán-Cubik tivo nos pés de Rafita unha ocasión inmejorable para adiantarse pero este fallou o man a man. De todos os xeitos, o xogador estradense terminou facendo dúas valiosas dianas tras saír desde un banquiño no que lle acompañaron César, Kinso, Boti e Fabián.

Juáncar recoñecía ao final do encontro a superioridade do rival dicindo que "eles foron superiores e estiveron moito mellor físicamente e ata me pareceu que van cun marcha máis que o resto e que cando queren apertar gañan fácil".

(Faro de Vigo, 6/10/2013).

helvetia
Samaná
Edente
Aluminios Campos
Centro Médico San Paio
Start Motor
Reale Seguros
Vidromoss
 
Copyright © 2024 aestradafutsal. All Right Reserved.
Powered By Joomla Perfect