O Vasán-Cubik Seguros busca a sorpresa diante do líder.

futsal

O equipo estradense xoga o seu segundo partido na casa. M. MÍGUEZ

O Vasán - Cubik Seguros A Estrada Futsal xoga hoxe a partir das 19.00 horas no pavillón municipal Coto Ferreiro cun único obxectivo: intentar dar a sorpresa diante do líder, o Betanzos. A meta é dobre posto que con iso tamén intentan estrear o seua casilleiro de puntos na táboa ao chegar a esta cuarta xornada de liga de Terceira aínda sen lograr sumar.

O adestrador, Juáncar, destaca que afrontan o partido «con moitas ganas» e coa necesidade de lograr puntos. Pero indicou que pese a iso, ten que ter tranquilidade e «non precipitarse». Entende que este partido contra o líder chega no mellor momento posible e indica que hai que ter en conta que aínda queda moita liga. «É o mellor momento, o partido afróntalo de diferente xeito. Motívaste moito», asegurou o técnico.

Do rival, o Betanzos, indicou que a diferenza dos dous últimos, é un equipo que sabe ter o balón e non lle gusta correr. «Nós temos que presionar e roubar o balón. Intentar revolucionar o partido de cando en vez», asegurou. Juáncar coñece moi ben ao rival porque compartiu vestuario con varios dos seus xogadores.

Desde o club chaman á afección a acudir esta tarde para apoiar ao equipo.

(La Voz de Galicia, 19/10/2013).

helvetia
Samaná
Edente
Aluminios Campos
Centro Médico San Paio
Start Motor
Reale Seguros
Vidromoss
 
Copyright © 2024 aestradafutsal. All Right Reserved.
Powered By Joomla Perfect