O Vasán-Cubik Seguros impúxose ao Betanzos (5-4).

troula

Fabián foi expulsado na primeira metade. // Bernabé/Luismy.

O Vasán-Cubik Seguros A Estrada Futsal estreou o seu casilleiro de vitorias tras un intenso partido onte diante do líder, o Betanzos. Os estradenses impoñíanse por un axustado 5-4 tras remontar en dúas ocasións no marcador dun choque que congregou a numeroso público nas bancadas do Coto Ferreiro e que se interrompiu durante uns minutos tras solicitar os colexiados a presencia da Policía Local na cancha. Un problema que non foi a maiores, nun partido de alta tensión entre o público dada a igualdade existente, e que non desluciu o espectáculo.

Os de Juáncar saltaron á cancha dispostos a demostrar as súas posibilidades e conseguían unha vantaxe inicial de 2-0. Pero o Betanzos intentou tomar as rendas do partido para darlle a volta ao marcador, conseguindo igualar antes do descanso. Na reanudación os visitantes conseguíanse poñer por primeira vez por diante no marcador, pero chegaría o empate dos estradenses, que seguían buscando diante da súa afección a primeira vitoria da competición.

Co 3-3 chegaría un novo tanto do Betanzos que obrigaba a unha nova remontada. Non se fixo esperar, subindo os estradenses o empate e o definitivo 5-4 no marcador cando aínda quedaban seis minutos para o pitido final. Os de Juáncar souberon manter o resultado, malia que os visitantes recorreron nos dous últimos minutos a xogar con cinco xogadores de campo e sen porteiro en busca de abrir algunha brecha na defensa local. Non o conseguiron co Vasan Cubik ´Seguros moi seguro atrás e ben na portería.

Os tantos do A Estrada Futsal conseguíronos Mouro, Fabi, Marcos, Tosar e Rebo. Enfrontarse ao líder mellorou a motivación e o triunfo sen dúbida insuflará moita moral no seo do equipo, que ata agora só colleitaran derrotas nas tres xornadas precedentes na liga de Terceira.

(La Voz de Galicai, 20/10/2013).

helvetia
Samaná
Edente
Aluminios Campos
Centro Médico San Paio
Start Motor
Reale Seguros
Vidromoss
 
Copyright © 2024 aestradafutsal. All Right Reserved.
Powered By Joomla Perfect