O A Estrada FS gana ao 5 Coruña e métese na final a catro

   O Inversia A Estrada Futsal disputará a final a catro da Copa de Terceira División logo de impoñerse nos cuartos de final. O encontro disputado o pasado venres no Coto Ferreiro finalizou con vitoria dos de Marcos Sesar diante do Academia Rede Blue 5 Coruña Futsal. Os estradenses gañaron cun marcador final de 4-2 grazas a senllos dobletes de Moro e Rafita. O cadro da Estrada aínda non coñece o nome dos rivais da esperada final copera.

(Faro de Vigo, 27/05/2018).

O A Estrada Futsal pasa á fase final de Copa tras gañar ao 5 Coruña

Ulla.Copa

   O A Estrada Futsal clasificouse para a fase final da Copa de Terceira División tras gañar este venres pola noite no pavillón Coto Ferreiro por 4-2 ao 5 Coruña. Agora está á espera de coñecer aos seus posibles rivais e o escenario onde se dispute esa fase final. Mentres, o club prepara a disputa do primeiro Torneo Fútbol Praia San Paio 2018, a celebrar os días 23 e 24 de xuño na alameda da Estrada.

(La Voz de Galicia, 27/05/2018).

helvetia
Samaná
Edente
Aluminios Campos
Centro Médico San Paio
Start Motor
Reale Seguros
Vidromoss
 
Copyright © 2024 aestradafutsal. All Right Reserved.
Powered By Joomla Perfect