O A Estrada Futsal debe afrontar unha reestruturación de persoal

Xogadores como Rafa, César, Botel, Simón ou Xulio prevén deixar o equipo 

Tojo.Copa

   A decisión de varios xogadores de deixar a práctica deportiva obrigará a reestruturar de forma significativa o plantel do A Estrada Futsal para a próxima tempada. Algún deles poderían pasar ao equipo directivo do club. Na lista de quen abandonarán o equipo tras concluír a Copa figuran Rafa, César, Botel, Simón e Xulio, aínda que algún ten dúbidas sobre continuar. A marcha dunha parte importante do persoal obrigará à súa renovación, previsiblemente coa continuidade na aposta por xogadores da zona e tamén dando oportunidades aos xuvenís. Outra cuestión a resolver será o ocupante do banquiño. O actual adestrador, Marcos Sesar, cumpriu a súa terceira tempada consecutiva e onte aseguraba que «agora mesmo, mentalmente, a miña disposición é a deixalo». Entre outros argumentos por cuestións persoais ao cambiar de domicilio, que lle complicaría o seu labor como técnico. Pero en función de quen deixe o equipo, polo seu posible paso á directiva, quizais «teña que axudar porque lles debo cousas». Respecto da tempada, a cuarta consecutiva na que quedan segundos en liga en Terceira División, cre que se estivo a bo nivel aínda que «faltou ser máis prácticos nalgúns partidos». Os estradenses reciben esta noite ao equipo 5 Coruña na Copa de Terceira División. O A Estrada Futsal concluíu a liga, pero non pechou a tempada 2017-2018. Agora está inmerso na disputa da Copa Terceira División que en teoría enfrontaba aos catro primeiros e os catro seguintes na clasificación ligueira, aínda que houbo algunhas baixas. Os gañadores neses enfrontamentos directos pasarán a unha fase final aínda sen data. Nesta competición aos estradenses tócalles medirse ao 5 Coruña, que hoxe visita o Coto Ferreiro. O choque comezará ás 21.00 horas. Os coruñeses, un equipo novo e con proxección, terminaron undécimos fronte ao segundo posto do A Estrada Futsal, en teoría favorito. Pero en liga houbo empate no Coto Ferreiro a catro, aínda que logo na Coruña gañaron por 0-2.

(La Voz de Galicia, 25/05/2018).

helvetia
Samaná
Edente
Aluminios Campos
Centro Médico San Paio
Start Motor
Reale Seguros
Vidromoss
 
Copyright © 2024 aestradafutsal. All Right Reserved.
Powered By Joomla Perfect