O Vasán-Kubik  Seguros invita aos escolares ao partido do sábado co Superti A Pontenova.

Invit.escoloares

Ocadro de Juancar quere encher o Coto Ferreiro. // Bernabé/Luismy

A xunta directiva do Vasán-Kubik Seguros A Estrada Futsal repartirá mañá invitacións nos colexios da Estrada para que os escolares da zona poidan asistir ao partido que este fin de semana enfronta, no Coto Ferreiro, ao cadro de Juancar co Superti A Pontenova. A intención dos dirixentes do conxunto estradense é que "o pavillón recupere o ambiente das grandes ocasións, tal e como se demostrou o pasado sábado no partido co Troula Betanzos", aseguran no seu comunicado. Para os mandatarios do Vasán-Kubik Seguros é "importante para o equipo que a afección empuxe" nos partidos onde os estradenses xogan como locais.

Por outra banda, o equipo regresou o luns aos adestramentos con varias dúbidas para o choque deste fin de semana. Marcos Sesar ten unha inflamación no nocelo esquerdo e está pendente de evolución posto que non lle permitiu adestrar nin o luns nin o martes co grupo. Ademais, Fabián tivo que abandonar a sesión do martes por unha indisposición intestinal, e Maricho segue arrastrando molestias causadas por unha rotura de fibras producida durante o choque co Santiago, do mesmo xeito que Rafita, que adestra co equipo con problemas no seu xeonllo dereito. Juancar espera poder contar con todos eles para a cita que dará comezo ás 16:00 horas no polideportivo.

(Faro de Vigo, 24/10/2013)

helvetia
Samaná
Edente
Aluminios Campos
Centro Médico San Paio
Start Motor
Reale Seguros
Vidromoss
 
Copyright © 2024 aestradafutsal. All Right Reserved.
Powered By Joomla Perfect