O A Estrada FS esnaquiza ao A Pontenova no Coto Ferreiro

Os de Marcos Sesar apontoan a súa segunda posición na táboa

Moro.A Pontenova

Moro conduce o balón, onte, no Coto Ferreiro. // Bernabé/J. C. Asorey

   O Inversia A Estrada Futsal puxo onte terra polo medio na zona nobre da Terceira División cunha contundente vitoria sobre o Club Deportivo Rececende Superti A Pontenova no Coto Ferreiro. Os de Marcos Sesar apontoaron a súa segunda posición aumentando a 4 puntos a súa diferenza co terceiro, Pazos de Borbén, e colócanse agora a 5 puntos do líder, o Sala Ourense.

   O conxunto estradense apenas deu opcións aos lucenses nun partido aprazado no seu momento polo mal tempo, e que pronto se puxo de cara para o bando local. Catro goles en 20 minutos, tres deles obra de Botel, fixeron xustiza ao mellor xogo dos azulóns ante un A Pontenova que nada puido facer ante o vendaval de xogo dos da Estrada. O tanto visitante de David foi un espellismo nun partido onde Moro tamén asinou un hat trick na segunda metade, e Xulio e Gianzo completaron o marcador final e certificar o Via Crucis dos da Pontenova.

(Faro de Vigo, 30/03/2018).

O A Estrada Futsal recibe ao A Pontenova no Coto Ferreiro

   O Inversia A Estrada Futsla recibe hoxe a partir das 12.30 horas ao A Pontenova nun partido aprazado no seu día pola incomparecencia dos colexiados. O encontro pode servir aos estradenses para recortar diferenzas co líder Sala Ourense. Nestes momentos os de Sesar son segundos, a oito puntos, polo que teñen a posibilidade de reducir esa diferenza a cinco. O A Pontenova pola súa banda é oitavo na clasificación. "É un rival que sempre nos complica as cousas e que sabe perfectamente a que xoga. Teremos que estar moi atentos e concentrados porque non vai ser un partido nada fácil de gañar", afirmou o adestrador estradense. "Coa vitoria ante o Pazos de Borbén collemos moral. Agora temos que aproveitar e pelexar ata o final", engadiu ao analizar a súa situación na táboa. Edu e Kinso son baixa por lesión.

(Faro de Vigo, 29/03/2018).

helvetia
Samaná
Edente
Aluminios Campos
Centro Médico San Paio
Start Motor
Reale Seguros
Vidromoss
 
Copyright © 2024 aestradafutsal. All Right Reserved.
Powered By Joomla Perfect