Unha xornada perfecta

O seu triunfo ante o Pazos de Borbén e o tropezo do líder Sala Ourense dan ao A Estrada Futsal a opción de pelexar polo título no final de tempada

Equipo

Formación do equipo estradense esta tempada. // Bernabé

   O A Estrada Futsal pasou en só unha xornada de ter a soga ao pescozo a abrazarse ás contas da leiteira. Os de Sesar colocáronse na segunda posición da Terceira División tralo seu triunfo ante o Pazos de Borbén. Este resultado, unido ao empate do líder Sala Ourense e ao feito de ter un partido menos que os seus rivais, dálles unhas lixeiras e ao mesmo tempo emocionantes opcións de pelexar por un título que se lles resiste.

   O Inversia A Estrada Futsal recibe mañá ao Recesende nun partido aprazado no seu día debido á incomparecencia dos colexiados. Os de Marcos Sesar afrontan este choque desde a segunda posición a oito puntos do líder, Sala Ourense, que xogou un partido máis. Si gañan poderían situarse xa que logo a cinco puntos, tendo aínda que enfrontarse ao conxunto ourensán nas seis xornadas finais. A súa situación non é mala pero sabe a gloria a un equipo que fai tan só unhas semanas parecía totalmente descartado da pelexa.

   Boa culpa do seu paso cara arriba na táboa tívoa a xornada do pasado fin de semana. Os estradenses, terceiros, recibían ao Pazos de Borbén, segundos, sabendo que si perdían achegarían anticipadamente as vacacións de verán. Gañaron e fixérono mostrando as calidades que os situaban como un dos candidatos ao ascenso unha tempada máis. Se ese xeito lograron poñerse segundos, cun punto máis que o Pazos de Borbén e cun partido menos xogado. A sorpresa chegou con todo de arriba. O inesperado empate do líder Sala Ourense en casa ante o Campito permitiu aos estradenses recortar dous puntos sobre un liderato que a estas alturas xa non queda tan lonxe como parecía hai pouco.

   As opcións do A Estrada Futsal seguen sendo pequenas, xa que non dependen de si mesmos e carecen de marxe de erro, pero polo menos conseguiron ter un obxectivo no tramo final de tempada. As súas opcións pasan irremediablemente por gañar mañá ao Recesende e, tralo parón de Semana Santa, na complicada pista do Culleredo, cuarto clasificado. Si logran sumar eses seis puntos virán dous partidos ante rivais da zona media-baixa antes de medirse ao Sala Ourense no Coto Ferreiro. O obxectivo pasa por sumar todos os puntos ata ese partido para comprobar a solidez do líder, que se verá coa obrigación de gañar para non xogarse o liderato na Estrada. O reto está servido e soñar é sempre fácil.

(Faro de Vigo, 28/03/2018).

helvetia
Samaná
Edente
Aluminios Campos
Centro Médico San Paio
Start Motor
Reale Seguros
Vidromoss
 
Copyright © 2021 aestradafutsal. All Right Reserved.
Powered By Joomla Perfect