O Vasán-Cubik Seguros continúa na senda da vitoria.
Os estradenses gañaron ao Pontenova con tantos de Moro, Rafita e Tosar.

vasan superti

Imaxe do partido xogado no Coto Ferreiro. // Bernabé/Javier Lalín

O Vasán-Cubik Seguros logrou a súa segunda vitoria da tempada diante do Pontenova (5-2). Os estradenses deixaron unha gran imaxe nun partido que dominaron de principio a fin e no que despexaron calquera tipo de dúbida sobre o seu rendemento tras unha semana marcada polas baixas.

O equipo local comezou o partido moi centrado e axiña plasmou o seu mellor xogo no marcador. Aos oito minutos, os pupilos de Juáncar xa vencían por 3-0 a un rival totalmente superado. Pese a todo, o Pontenova reduciu diferenzas antes do descanso (3-1).

Trala reanudación, os locais subiron aínda máis o seu ritmo de xogo e comezaron a crear numerosas ocasións de gol que non lograron materializar. Si o fixeron os visitantes, que levaron a inquietude ao Coto Ferreiro co seu segundo tanto. Os estradenses non notaron a presión e de contado ampliaron a súa vantaxe para vivir un cómodo final de partido no que o seu rival buscou a remontada con porteiro dianteiro.

Polo Vasán-Cubik Seguros xogaron César, Rafita, Moro, Tojo, Kinso -cinco inicial- Botel, Rebo, Fabi e Tosar. Descansaron por precaución Sesar e Maricho. Os tantos foron obra de Moro (3), Rafita e Tosar.

(Faro de Vigo, 27/10/2013).

helvetia
Samaná
Edente
Aluminios Campos
Centro Médico San Paio
Start Motor
Reale Seguros
Vidromoss
 
Copyright © 2024 aestradafutsal. All Right Reserved.
Powered By Joomla Perfect