O Vasán - Cubik Seguros viaxará a Vilalba coas dúbidas de Rafita e Rebo.

O Vasán - Cubik Seguros A Estrada Futsal disputará este sábado unha nova xornada ligueira diante do Vilalba Fútbol sala. Un desprazamento ao que o equipo estradense que adestra Juáncar viaxa coas dúbidas de Rafita e Rebo. O primeiro ten molestias no empeine do pé dereito tras unha entrada recibida no partido ante A Pontenova, mentres que o segundo ten dores nun dedo do pé dereito. Quen previsiblemente será baixa é Marcos Sesar, que está semana non adestrou co grupo pola súa lesión no nocello dereito.

Desde o club animouse aos afeccionados interesados a viaxar no autobús do equipo este sábado. Hai 35 prazas dispoñibles, con saída ás 15.00 horas do sábado desde a Praza do Concello. Unha saída que se considera vital xa que unha vitoria posibilitaría subir posicións na táboa clasificatoria.

Doutra banda, incorporouse un novo colaborador ao Vasán - Cubik Seguros. José Pombo, coñecido no deporte estradense, asume o cargo de delegado de pista nos partidos do Coto Ferreiro.

(La Voz de Galicia, 31/10/2013).

helvetia
Samaná
Edente
Aluminios Campos
Centro Médico San Paio
Start Motor
Reale Seguros
Vidromoss
 
Copyright © 2024 aestradafutsal. All Right Reserved.
Powered By Joomla Perfect