O Vasán-Cubik Seguros aposta polo póker
Tras sumar tres vitorias consecutivas, os de Juáncar reciben ao Leis no Coto Ferreiro

leis

Juáncar dá instrucións aos seus durante un partido no Coto Ferreiro. // Bernabé/Javier Lalín

O Vasán-Cubik Seguros recibe hoxe a partir das 19.00 horas ao Leis de Pontevedra no pabellón Coto Ferreiro. Este duelo poñerá a proba a racha do equipo estradense logo de tres vitorias consecutivas, xa que recibe ao líder en solitario da categoría trala disputa das seis primeiras xornadas. O conxunto da capital do Lérez é un dos grandes favoritos ao ascenso e demostrouno cun inicio de tempada no que fixo valer o seu gran traballo defensivo -só encaixaron nove goles en seis partidos-. Estes números contrastan cos do Vasán-Cubik Seguros, sexto na táboa e máximo goleador da categoría con 31 tantos.

O adestrador do conxunto local, Juan Carlos Roia "Juáncar", recoñeceu que a vitoria pasa por esquecerse do rival. "Ímonos enfrontar a un dos mellores equipos da categoría pero debemos esquecernos del. O Leis non come a ninguén. Temos que preocuparnos de facer o noso xogo. Que sexan eles os que se preocupen de nós", explicou. Para iso, Juáncar aposta por dar moito ritmo ao partido, algo que fará sufrir a un rival máis veterano.

O Vasán-Cubik SEguros afronta este duelo coa baixa de Fabián por motivos persoais e coas dúbidas de Tojo e Tossi. Juáncar recoñeceu que será complicada a participación do segundo.

(Faro de Vigo, 09/11/2013).

helvetia
Samaná
Edente
Aluminios Campos
Centro Médico San Paio
Start Motor
Reale Seguros
Vidromoss
 
Copyright © 2024 aestradafutsal. All Right Reserved.
Powered By Joomla Perfect