O A Estrada Futsal enfrontarase ao Campito nos cuartos de final da copa

O partido xogarase o próximo fin de semana no Coto Ferreiro

Moro

Moro, nun partido do equipo estradense no Coto Ferreiro.

   Tras finalizar a tempada regular en Terceira División na segunda posición, o Inversia A Estrada Futsal afronta a copa, unha competición na que participan os oito mellores equipos da tempada. No seu caso, os de Marcos Sesar teranse que enfrenar ao Campito nos cuartos de final, unha eliminatoria a partido único que terá lugar o próximo fin de semana no pavillón Coto Ferreiro. O día e a hora exacta aínda están por fixar.

(Faro deVigo, 22/05/2018).

A Estrada Futsal asina un empate final co Vilalba

Vilalba

 Martín, nunha xogada do partido de onte. // Bernabé/Cris M.V.

  O A Estrada Futsal puxo punto e final á tempada en Terceira División cun empate (4-4) ante o Vilalba no Coto Ferreiro. O choque carecía de transcendencia para a clasificación final, xa que os estradenses xa tiñan asegurada a segunda praza. A falta de tensión deixouse notar, co Vilalba poñéndose 0-2 de inicio. Botel e Edu puxeron o empate e Moro marcou o 3-2. O Vilalba logrou colocarse 3-4 pero Toño anotou o tanto do empate final. Aos estradenses quédalles agora disputar a copa.

(Faro de Vigo, 20/05/2018).

A Estrada Futsal pechou a liga nun encontro vistoso ante o Vilalba: 4-4

Os locais pechan a competición en segunda posición, e os visitantes foron cuartos 

Moro.Vilalba

   O A Estrada Futsal pechou onte a campaña ligueira cun encontro vistoso e con goles ante o Vilalba. Era unha pechadura de tempada en que ningún dos dous conxuntos se xogaba nada, e notouse no campo: faltou a intensidade doutros encontros onde hai puntos importantes por disputar. Os compases iniciais non facían presaxiar o abultado marcador final, cun encontro pechado e sen apenas ocasións, un escenario que foi cambiando a medida que avanzaban os minutos. O Vilalba adiántase en dúas ocasións, e a falta de oito minutos para o descanso A Estrada Futsal vía un preocupante 0-2 no electrónico. Nunha rápida remontada, os de Marcos Sesar lograban equilibrar ao final da primeira parte. Saíron mellor os locais na reanudación, facendo un 3-2, que se viu seguido por dous tantos do Vilalba. Con ese 3-4, tocou de novo remontar ata a igualada final a catro. Sesar sinalaba que A Estrada Futsal "segundo en liga" presentou unha alineación con múltiples baixas, mostrando a súa satisfacción porque «os rapaces deron a cara, xogaron cos que tiveron menos minutos en liga e lograron empatar ante o cuarto da categoría» . Fixeron os tantos locais Botel, Moro, Edu e Toño, xogando os xuvenís Manu e o meta Borja.

(La Voz de Galicia, 20/05/2018).

O A Estrada Futsal pecha a tempada ante o Vilalba

   O Inversia A Estrada Futsal recibe hoxe a partir das 18.00 horas no pavillón Manuel Coto Ferreiro ao Vilalba nun partido da última xornada de liga en Terceira División. Os estradenses afrontan este partido final sen nada en xogo unha vez asegurada a segunda posición final na clasificación. Será con todo a despedida en liga de dous xogadores importantes na historia do club Rafita e César, que colgarán as botas.

(Faro de Vigo, 19/05/2018).

A Estrada Futsal reúne hoxe a 33 equipos no seu torneo de base

   O pavillón Coto Ferreiro da Estrada acolle hoxe a terceira edición do Torneo de Fútbol Base organizado polo A Estrada Futsal xunto ao Concello da Estrada e co patrocinio de Supermercados Día. Habilitaranse tres pistas para xogar un total de 76 partidos das categorías benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil. Este torneo desenvolverase ao longo de todo o día, pola mañá coa fase de grupos e pola tarde coas semifinais e final. Están inscritos 33 equipos, polo que participarán en torno a 400 xogadores. Desde o club estradense recordaron que se trata dun evento que move a un gran número de persoas, sumando a esa cifra os adestradores e familiares.

(Faro de Vigo, 17/05/2018).

Torneo de Fútbol Sala Base organizado polo A Estrada Futsal
torneo futbol.BaseIII

Bernabé/Cris M.V.

    O Coto Ferreiro da Estrada acolleu onte a terceira edición do Torneo de Fútbol Base organizado polo A Estrada Futsal. Participaron 33 equipos nas categorías benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil. Para a ocasión habilitáronse tres pistas, con 76 partidos ao longo de toda a xornada. En benxamíns gañou o Ventorillo, con Vitoria e A Peña segundo e terceiro. En alevíns venceu o Stellae por diante de Ventorillo e Vitoria, e en infantís Trebón, con Ventorillo e Os Meigallos por detrás. En cadetes tamén gañou Ventorillo, sendo segundo e terceiro Ancoradouro e Compañía María. A Estrada Futsal venceu en xuvenís por diante de Terra de Montes e Meigallos.

(Faro de Vigo, 18/05/2018).

Día de fútbol sala de base na Estrada

IIITorneo

   Máis dunha treintena de equipos gozaron onte nas canchas do pavillón Coto Ferreiro da terceira edición do Torneo de Fútbol Sala de Base, organizado polo A Estrada Futsal en colaboración co Concello. Acudiron conxuntos das categorías benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil, disputándose en horario matinal as fases de grupo para deixar para a tarde os encontros de semifinais e finais. Unha festa do fútbol sala con preto de catrocentos xogadores e con numeroso público nas gradas.

(La Voz de Galicia, 18/05/2018).

O Envialia B cae na Estrada en semifinais 

   O equipo filial do Ourense Envialia non puido lograr o doblete na categoría autonómica tras perder nas semifinais da Copa ante o anfitrión, o A Estrada Futsal. Os goles ourensanos foron de María,Nere e Carla. O Leis de Pontevedra levouse o título.

(Faro de Vigo, 14/05/2018).

O A Estrada Futsal esperta do seu soño no Coto Ferreiro

As de Manuti acusan o cansazo na gran final copera fronte ao Leis Pontevedra 

A Estrada Futsal femininoA

Equipo do A Estrada Futsal que onte disputou a final de Copa nol Coto Ferreiro. // Bernabé/J. Carlos Asorey

   O A Estrada Futsal feminino caeu onte no Coto Ferreiro na final de Copa da Primeira División que lle enfrontou ao Leis Pontevedra San Francisco. As de Manuti, que se clasificaron para a cita de xeito brillante, acusaron o esforzo realizado para eliminar en semifinais ao Ourense, e terminaron dobrando o xeonllo ante o cadro da capital da provincia. O conxunto da Estrada deu a cara en todo momento, pero a velocidade imprimida polas de Pontevedra nas súas accións, e a falta de acerto das estradenses nos metros finais, fixeron que o título viaxase ata beiras do Lérez.

   O Coto Ferreiro rexistrou un boa entrada para presenciar a contenda na que as pontevedresas endosáronlle un set ao conxunto da Estrada. Dous tantos de Alicia e de Gago, e os de Mar e Laura certificaron o título para un Leis que se meteu na final logo de desfacerse do Bembrive na primeira semifinal da competición.

   A sinxela cerimonia de entrega de trofeos estivo presidida polo alcalde da Estrada, José López. Xunto ao mandatario local, no acto tamén estiveron presentes o presidente do A Estrada Futsal, José Manuel Reboredo, e o directivo da Real Federación Galega de Fútbol, Amancio Varela. O presidente da entidade organizadora da competición felicitou ás xogadores de Manuti polo bo torneo que realizaron, sobre todo, tras impoñerse ao conxunto ourensano na primeira cita da fase final.

(Faro de Vigo, 14/05/2018).

O A Estrada Futsal pelexará polo título de Copa tras desfacerse do Ourense B

SemisCopaFeminina

Eva conduce o balón, onte, na semifinal. // Bernabé/J. C. Asorey

   O A Estrada Futsal feminino fixo saltar a banca, onte no Coto Ferreiro, clasificándose para a gran final da Copa da Liga Autonómica de fútbol sala feminino. As pupilas de Manuti venceron ao Ourense Envialia B na súa semifinal por un axustado 3-4, e enfrontaranse esta mañá, a partir das 12.00 horas, no polideportivo estradense, na final do torneo fronte ao Leis Pontevedra San Francisco, que tamén se impuxo onte na súa semifinal ao Bembrive FS por un marcador de 4-1.

   O partido entre as anfitrionas, que onte xogaron como visitantes, e o cadro de Ourense cumpriu cos pronósticos. As de Manuti tiveron que remontar un 2-1 co que se chegou ao descanso. Pati foi a encargada de recortar distancias antes do recreo, deixándoo todo visto para sentenza na reanudación. O A Estrada Futsal feminino protagonizou unha magnífica remontada con dous tantos consecutivos de Eva (2-3). As de Ourense conseguiron recortar distancias, pero finalmente o cadro do Coto Ferreiro pechou a semifinal cun tanto de Nati. Manuti alineou de inicio un quinteto formado por Rocío, Eva, Pati, Alba e Nati. Tamén dispuxeron de minutos Luchi, Sonia, Miriam Reboredo, Luz, Meiga, María e Yaiza. O propio Manuti manifestaba á conclusión da entretida semifinal que "tivemos pegada de cara ao gol", e fixo votos para que o esforzo realizado onte diante do potente conxunto ourensanista non pase factura esta mañá ao seu equipo diante do Leis na gran final da competición copera feminina.

(Faro de Vigo, 13/05/2018).

O A Estrada Futsal sorprende ao Ourense e cóase na final

As estradenses souberon manter o 3-4 nos minutos finais e hoxe pelexarán pola Copa ante o Leis, que gañou 4-1 ao Bembrive 

Eva.Copa

O A Estrada Futsal feminino fixo onte historia clasificándose para a final da Copa de Primeira División Autonómica ao doblegar ao principal favorito, o Ourense B, por 3-4. O alento da afección no pavillón Coto Ferreiro resultou clave para as estradenses, que souberon aguantar o asedio durante os últimos seis minutos das ourensás en busca de igualar a contenda e xa con porteira-xogadora. Na final, que comezará hoxe ás 12.00 horas, enfrontaranse ao Leis Pontevedra, que tivo menos dificultades para impoñerse por un claro 4-1 ao Bembrive. As estradenses souberon contrarrestar as armas do Ourense B, con transicións rápidas, presión alta e intensidade defensiva. As ourensás lograron adiantarse na primeira xogada no marcador nun despiste, pero as de Manuti non se afundiron e Pati subía o 1-1. Deu ás o empate ás estradenses, con ocasións, pero a porteira rival estivo efectiva, mentres que outro erro daba o 2-1 para as ourensás antes do descanso. No vestiario Manuti pediu máis concentración e evitar eses despistes. A súa mensaxe forneceu efecto, con dous tantos de Eva que lles poñía por diante. Empataba o Ourense B, pero de novo Pati desnivelaba o tanteador. Co 3-4 e a falta de seis minutos unha defensa numantina permitiulles manter o resultado e estar na final. Manuti destacou a intensidade do seu equipo, pero auguraba complicacións na final ante Leis, moi serio en defensa, con pouco tempo de recuperación física para as súas xogadoras.

(La Voz de Galicia, 13/05/2018).

 O A Estrada Futsal aposta pola copa na despedida do técnico Manuti

Tras catro tempadas á fronte do equipo, o adestrador anunciou a súa marcha 

manuti e feminino

Manuti, no centro, rodeado das xogadoras do A Estrada Futsal. // Bernabé

   O pavillón Coto Ferreiro acolle hoxe e mañá a disputa da Copa da Liga Autonómica de fútbol sala feminino. Será un torneo especial para o A Estrada Futsal, un equipo deseoso de ofrecer a súa mellor versión ante os seus afeccionados nun atractivo torneo e que ademais servirá de despedida para varios dos seus membros máis importantes. Entre eles destaca a marcha do que foi o adestrador da sección feminina do club durante os últimos catro anos, Manuel González "Manuti", quen decidiu deixar o equipo a final deste torneo.

   "A directiva díxome que quere que a sección feminina sexa unha parte importante dentro do club a próxima tempada, así que me vou sabendo que quedará todo ben encamiñado e que seguirá sendo un proxecto serio", manifestou o técnico á hora de explicar a súa decisión. "Xa lles dixen a principio de tempada que ía ser a última. Creo que as mozas necesitan a alguén novo, alguén fresco. Levan xa moito tempo aguantándome e necesitan un novo adestrador para que lles ensine cousas novas e poidan seguir evolucionando", engadiu neste sentido.

   Manuti, capitán tamén do Estradense, valorou positivamente esta aventura de catro anos no fútbol sala feminino, no que foi a súa primeira experiencia como adestrador. "Era a primeira vez e a verdade é que me gustou, senón non estaría tantos anos. Ao principio era unha incógnita porque o fútbol sala non é o meu, pero ao final márchome contento porque creo que fixemos algo bonito nesta sección", explicou á vez que mostrou a súa agradecimiento a todas as súas xogadoras. "É un grupo moi bo. Iso axudaba a que todo fose máis ameno. Isto falo si o pasas ben e eu paseimo moi ben durante estes catro anos", manifestou Manuti.

   O adestrador vivirá na copa os seus últimos partidos á fronte do A Estrada Futsal, nun formato de competición que encomiou. "Facía tres anos que non se celebraba a copa e é unha pena, porque é moi bonita e máis con este formato de final four. Os equipos afróntana con ilusión. Oxalá veña moita xente a vernos", explicou. As estradenses, cuartas en liga, disputarán hoxe as semifinais a partir das 19.00 horas contra o Envialia Ourense B, o campión. A outra semifinal será ás 17.00 con Leis e Bembrive como protagonistas. A final será mañá ás 12.00. "O Ourense é o mellor equipo ao que me enfrontei nestes catro anos pero intentaremos poñerlle as cousas difíciles e levalas a un final igualado".

(Faro de Vigo, 12/05/2018).

Manuti confía en pelexar pola final pero dá favorito ao Ourense B

A Estrada acolle este fin de semana a Copa de Fútbol Sala feminina 

Nati.Copa

   O A Estrada Futsal buscará dar a sorpresa co apoio da afección e gañar a súa semifinal na Copa de Fútbol Sala feminino de Primeira División Autonómica. O pavillón Coto Ferreiro acolle este fin de semana a disputa desta competición, con catro equipos en liza e que ocuparon esas prazas na liga regular. Ás 17.00 horas mediranse Leis Pontevedra e Bembrive, mentres ás 19.00 chegará o prato forte coas anfitrionas ante o Ourense B, ganador do título e que buscará o doblete.

   O adestrador das estradenses, Manuti, contará con todo o persoal dispoñible aínda que as súas dúas porteiras non puideron adestrar case durante un mes por unha lesión e por motivos laborais. Unha situación que complicou xa que logo os adestramentos. Están convocadas as catorce xogadoras, aínda que o técnico deberá facer dous descartes xa que só poden estar doce. Manuti recoñecía onte que o Ourense B «é un rival moi duro e arrasou durante a liga, así que teremos que estar moi finos para ter algunha opción». Destacou a catro ou cinco xogadoras de entre 16 e 18 anos que en pouco tempo estarán en División de Honor e ata con opcións algunha de chegar á selección nacional.

«Teñen un nivel moi alto, moitísimo ritmo no seu xogo e combinan ben, pero son moi novas ao ser un equipo filial, así que intentaremos aproveitar as nosas bazas cun xogo máis pausado, ter posesión e poñelas nerviosas», apuntou Manuti. Pero sobre todo buscarase gozar desta competición copeira á que chegan por primeira vez, cun sistema de final a catro que lle gusta ao técnico estradense.

   Recordou que en liga perderon só 1-2 e que si chegase hoxe cun marcador axustado á recta final poderían ter algunha opción. Respecto de a outra semifinal, vea parella e con posibilidades tanto para o Leis como o Bembrive. Confiaba Manuti en que haxa unha alta resposta de público, que pode sorprenderse co nivel de xogo do fútbol sala feminino. Na Estrada soñan con dar o campanazo e clasificarse para a final do domingo prevista ás 12.00 horas.

   A ratificar a segunda praza ante o Casas. O A Estrada Futsal da Terceira División masculina, pola súa banda, buscará hoxe unha vitoria na cancha do Club Deportivo Casas que lles permitiría referendar a segunda praza sen esperar ao último partido. En principio non deberían ter dificultades os estradenses, que se miden ao penúltimo.

(La Voz de Galicia, 12/05/2018).

titulo
helvetia
Samaná
Edente
Aluminios Campos
O Camiño
Centro Médico San Paio
Turgalia
Start Motor
Reale Seguros
Vidromoss
 
Copyright © 2021 aestradafutsal. All Right Reserved.
Powered By Joomla Perfect