O A Estrada Futsal enfróntase ao Cee

Sesar: "É complicado pero loitaremos mentres as matemáticas déannos opcións"

Tojo.Cee

Tojo, nun partido anterior dos estradenses. // Bernabé

   O Inversia A Estrada Futsal volve hoxe á competición para recibir no Coto Ferreiro ao Vila de Cee, un partido que dará comezo ás 19.00 horas. Os estradenses afrontan este choque desde a segunda posición pero sabendo que teñen case imposible dar caza ao líder da categoría, o Sala Ourense, que lles saca oito puntos. Malia esa ampla diferenza, o adestrador Marcos Sesar sinalou que deben seguir sumando puntos mentres teñan opcións. "É complicado pero loitaremos mentres as matemáticas nos dean opcións de alcanzalos. Imos loitar a liga ata o final", afirmou. "É certo que estamos un pouco baixos de ánimos pero hai que levantar cabeza. Quedan opcións e tamén temos que disputar a competición de copa cando acabe a tempada", recordou.

   Para intentar recortar diferenzas co liderato o A Estrada Futsal debe superar a un Cee que marcha na antepenúltima posición. "É un equipo raro. Son moi duros, pero tamén se volven un pouco tolos na pista", afirmou. Os estradenses non poderán contar con Ulla, por motivos persoais, nin con Kinso, lesionado.

(Faro de Vigo, 21/04/2018).

O A Estrada Futsal feminino busca a súa mellor versión para doblegar ao Leis 

Nati.Copa

   Na Primeira División Autonómica de fútbol sala feminino haberá hoxe (17.00 horas, pavillón Coto Ferreiro) un duelo no cume. A Estrada Futsal recibe ao segundo clasificado, o Leis de Pontevedra. Ambos conxuntos están callando unha gran tempada, coas estradenses en cuarta posición aínda que a bastantes puntos, en concreto trece, das pontevedresas. As locais deberán mostrar a súa mellor versión para superar ao rival, que pelexa polo título co Ourense B, que lle supera en só tres puntos e cun partido máis disputado.O A Estrada Futsal que adestra Manuti sumou catorce triunfos xa en liga, con só seis derrotas e un empate. Pola súa banda, o equipo masculino de Terceira División ten este fin de semana xornada de descanso. Seguen segundos a falta de cinco xornadas.

(La Voz de Galicia, 14/04/2018).

O A Estrada Futsal cae na pista do Culleredo e deixa o título en mans do Ourense

Os estradenses víronse penalizados polos seus erros nas dúas áreas

   O Inversia A Estrada Futsal enterrou onte as súas opcións de alcanzar ao sala Ourense no alto da clasificación da Terceira División. A súa derrota na pista do Culleredo por 4-3 deixa o título en mans dos ourensáns, que hoxe poden dar un paso case definitivo si conseguen vencer ao Carballiño. Os de Sesar viaxaban a Culleredo coa intención de derrotar a un rival de peso e manter a presión sobre o líder pero caeron derrotados nun partido de poder a poder que decantaron en gran medida os seus erros.

   Os estradenses tardaron pouco en adiantarse. A xogada de saque de centro serviu para poñer o 0-1 no marcador. A primeira parte deixou boas sensacións por parte do equipo de Sesar, que soubo controlar ao seu rival e xerar ocasións á contra. Antes do descanso con todo os locais lograron poñer o 1-1. Na segunda parte, o Culleredo marcou pronto. A partir de aí o partido foi claro para o A Estrada Futsal, con claras contras nas que explotaba a súa maior velocidade ante un rival veterano ao que lle custaba replegarse. Nesa fase do partido decidiuse en gran parte o resultado, con varias ocasións moi claras malgastadas polos estradenses e erros importantes que custaron goles en contra. O infortunio ademais cebouse con eles, encaixando o tanto do 4-3 nunha xogada desafortunada.

   O equipo cadete pola súa banda viaxaba á pista do Terra de Montes coa opción de proclamarse campión de liga si gañaba. Terminaron con todo empatando (4-4). O título chegoulles con todo horas despois co tropezo do seu perseguidor.

(Faro de Vigo, 08/04/2018).

O A Estrada FS esnaquiza ao A Pontenova no Coto Ferreiro

Os de Marcos Sesar apontoan a súa segunda posición na táboa

Moro.A Pontenova

Moro conduce o balón, onte, no Coto Ferreiro. // Bernabé/J. C. Asorey

   O Inversia A Estrada Futsal puxo onte terra polo medio na zona nobre da Terceira División cunha contundente vitoria sobre o Club Deportivo Rececende Superti A Pontenova no Coto Ferreiro. Os de Marcos Sesar apontoaron a súa segunda posición aumentando a 4 puntos a súa diferenza co terceiro, Pazos de Borbén, e colócanse agora a 5 puntos do líder, o Sala Ourense.

   O conxunto estradense apenas deu opcións aos lucenses nun partido aprazado no seu momento polo mal tempo, e que pronto se puxo de cara para o bando local. Catro goles en 20 minutos, tres deles obra de Botel, fixeron xustiza ao mellor xogo dos azulóns ante un A Pontenova que nada puido facer ante o vendaval de xogo dos da Estrada. O tanto visitante de David foi un espellismo nun partido onde Moro tamén asinou un hat trick na segunda metade, e Xulio e Gianzo completaron o marcador final e certificar o Via Crucis dos da Pontenova.

(Faro de Vigo, 30/03/2018).

O A Estrada Futsal recibe ao A Pontenova no Coto Ferreiro

   O Inversia A Estrada Futsla recibe hoxe a partir das 12.30 horas ao A Pontenova nun partido aprazado no seu día pola incomparecencia dos colexiados. O encontro pode servir aos estradenses para recortar diferenzas co líder Sala Ourense. Nestes momentos os de Sesar son segundos, a oito puntos, polo que teñen a posibilidade de reducir esa diferenza a cinco. O A Pontenova pola súa banda é oitavo na clasificación. "É un rival que sempre nos complica as cousas e que sabe perfectamente a que xoga. Teremos que estar moi atentos e concentrados porque non vai ser un partido nada fácil de gañar", afirmou o adestrador estradense. "Coa vitoria ante o Pazos de Borbén collemos moral. Agora temos que aproveitar e pelexar ata o final", engadiu ao analizar a súa situación na táboa. Edu e Kinso son baixa por lesión.

(Faro de Vigo, 29/03/2018).

titulo
helvetia
Samaná
Edente
Aluminios Campos
O Camiño
Centro Médico San Paio
Turgalia
Start Motor
Reale Seguros
Vidromoss
 
Copyright © 2021 aestradafutsal. All Right Reserved.
Powered By Joomla Perfect