O A Estrada FS volve sorrir cunha goleada en Outeiro de Rei


   O Pastelería Inversia A Estrada Futsal mostrou a súa mellor versión en Outeiro de Rei impoñéndose con autoridade ao Santa Isabel por un marcador de 2-9. Con todo, os de Marcos Sesar tiveron que remontar ata en dúas ocasións para terminar levándose o encontro nun segundo tempo primoroso para os do Coto Ferreiro. Cinco tantos de Simón, dous de Moro e os goles de Rafa Vázquez e Gianzo certificaron a contundente vitoria dos vermelliños en Outeiro de Rei. O Inversa formou de inicio con Sergio, Botel, Kinso, Martín e Moro. Sesar tamén deu minutos a Rafa Vázquez, José Antonio, Gianzo, Borja e Simón. Moro foi o único amonestado, onte, no conxunto visitante.

(Faro de Vigo, 04/03/2018).

O A Estrada Futsal quere curar as súas feridas en Outeiro de Rei

   O Inversia A Estrada Futsal visita hoxe a partir das 18.00 horas a pista do Santa Isabel Fútbol Sala, equipo de Outeiro de Rei. Os estadenses afrontan este choque coa meta de deixar atrás o empate cosechado o pasado sábado en casa ante o 5 Coruña, un resultado que os afastou da pelexa polo título. O equipo de Sesar é agora cuarto na táboa a trece puntos do líder Sala Ourense, unha distancia moi grande malia que contan cun partido menos.

   "Quedamos un pouco tocados porque era un equipo ao que había que gañar si ou si. As confianzas non son boas.", afirmou o adestrador. "Agora tócanos levantar cabeza. Mentres quede esperanza temos que seguir. Ao final xa veremos onde nos pon a clasificación. Xa non depende de nós así que só temos que centrarnos nos nosos partidos", engadiu. Para volver á senda da vitoria deben superar a un rival que marcha na novena posición. Contan coas baixas de Tojo, lesionado, e de Xulio e César por motivos persoais.

   O equipo feminino pola súa banda visita mañá ás 11.30 horas a pista do Cidade dás Burgas B. As estradenses marchan cuartas e o seu rival é décimo na táboa.

(Faro de Vigo, 03/03/2018).

 O A Estrada Futsal espera superar o bache e vencer ao Santa Isabel 

Martn.Liga

   O A Estrada Futsal pinchaba o pasado fin de semana en casa e prácticamente quedouse xa sen obxectivos esta tempada en Terceira División. Malia iso buscarán quedar o máis arriba posible na clasificación. Confían en superar o bache xa na saída hoxe (18.00 horas) á cancha do Santa Isabel, que está noveno na táboa a once puntos dos estradenses, cuartos. Pola súa banda, o conxunto feminino de Primeira Galega visita mañá domingo ao Cidade dás Burgas B. O choque comezará ás 11.30 horas e as estradenses parten como favoritas, cuartas con 36 puntos por só 16 do seu rival.

(La Voz de Galicia, 03/03/2018).

O tridente do líder
Mouro, Simón e Xullo marcaron 82 goles dos 127 goles do A Estrada Futsal

tridente lider

(Ler noticia completa no Faro de Vigo, 30/03/2017) 

Simón: "Estamos confiados en que este ano xa nos toca"

- Como valora a tempada que está realizando o A Estrada Futsal ata o momento? 

- Sobresaliente. Agora intentaremos culminala. 

- Como ve os tres partidos que lles quedan por diante? 

- A priori o partido máis complicado que nos queda é o do próximo sábado. Si gañamos creo que temos moito andado, pero hai que xogalos todos. Non vai ser nada fácil. 

- Cre que os nervios pódenlles xogar en contra logo de tres anos ás portas? 

- Vivín esas tempadas desde fóra. Este ano con todo estamos confiados en que ten que ser esta vez. Estamos confiados en que este ano xa nos toca. 

- Como está vivindo a súa primeira e goleadora tempada no equipo do Coto Ferreiro? 

- Ben. Viña dun club no que non estaba gozando de moitos minutos. Apostei por dar un paso atrás e estame saíndo ben. Estou gozando de minutos e da confianza do adestrador e os compañeiros. En canto aos goles, iso foi o que me pediu o adestrador cando fichei e intento cumprir con esa tarefa.

(Faro de Vigo, 30/03/2017).

Un equipo xaponés adestra co A Estrada Futsal no Coto Ferreiro

Xapon

   O Mimela-Inversia A Estrada Futsal realizou onte un adestramento singular no que contou cun invitado especial. O equipo da Escola Santiago Futsal Talent Factory de Xapón desprazouse onte ata o Coto Ferreiro para unirse aos estradenses na súa sesión de traballo. Había xogadores dos equipos xaponeses Bork Kitakyshu e Fuchu Athletic e á súa vez alumnos da Escola Santiago Futsal Talent Factory, xunto ao seu director e membro do corpo técnico do equipo compostelano, Monotori Gentoko Baba.

   O adestramento consistiu nun partido a 25 minutos a tempo corrido cada parte. O colexiado designado pola Federación Galega de Fútbol Sala foi o sr. Senén.   Os equipos formaron de inicio con:

   Mimela-Inversia (1ª parte): Hugo, Ulla,Simón, Botel e Rebo. Tamén xogou Julio.

   Mimela-Inversia (2ª parte): César, Martín, Tojo,Toño e Edu. Tamén xogou Moro.

   Equipo xaponés: Ktosuke Nakamura, Saito Naoki, Syusaku Saeki,Shota Nakashima e Kenta Kobayashi. Tamén xogaron Shunta Uchida, Naoya  Aoyaga, Shota Nakashima, Masaki Maruyama e Yosei Arai.

   Partido xogado a un altísimo ritmo, no que os dous equipos fixeron gala dun intenso traballo físico, con presión en todas as partes do terreo de xogo. A primeira metade os dous equipos dispuxeron de oportunidades para  irse no electrónico, pero as boas intervencións dos porteiros mantiveron a bo recaudo as súas parterías. 

   Cando transcorría o minuto 17, foi o equipo xaponés quen estrelou un balón no poste da porteería local, pero 3 minutos máis tarde, Yosei Arai, facía o 0-1, logo de aproveitar unha xogada de estratexia. Froito do altísimo ritmo, os dous equipos cometeron as cinco faltas, o que propiciou dúas claras ocasións para o Mimela-Inversia: no minuto 22, Simón lanzaba un dobre penalti que atallaba o porteiro xaponés e 2 minutos máis  tarde, Julio voltaba a estrelar no porteiro un novo dobre penalti. O equipo local seguía insistindo nos seus ataques diante do porteiro do equipo nipón, a risco de ser sorprendidos á contra, e a falta de 30 segundos para o descanso, Ulla colocaba o 1-1 no electrónico do Coto Ferreiro.

   A segunda metade comezou como a primeira, moita intensidade nos dous equipos, pero aos 3 minutos, Syusaku Saeki, adiantaba aos xaponeses e subía ao marcador o 1-2. O Mimela-Inversia seguía buscando a portería contraria e dispuxo de duás ocasións clarísimas para igualar o marcador, pois primeiro Edu e logo Moro fallaban un man a man co porteiro Nakamura. Como é frecuente cando un equipo perdoa tanto, o outro machaca e así no minuto 8 de novo os nipons facían gol e colocaban o 1-3 por medio de Masaki Maruyama. No minuto 11, era Edu quen disparaba ao pau da portería xaponesa; pero no 12, repetindo o guión, era de novo Maruyama quen facía o 1-4. A partires de aí, o equipo visitante fíxose dono do partido e marcaba, no minuto 14 o 1-5 (Naoya Aoyagi). O equipo local probou xogar de cinco con porteiro xogador, pero rapidamente, no minuto 22, o porteiro xaponés facía o 1-6 e un minuto máis tarde, Shunta Uchida subía ao electrónico o 1-7. A falta de 15 segundos, Edu marcaba o segundo gol do Mimela-Inversia e remataba o encontro co definitivo 2-7.

titulo
helvetia
Samaná
Edente
Aluminios Campos
O Camiño
Centro Médico San Paio
Turgalia
Start Motor
Reale Seguros
Vidromoss
 
Copyright © 2021 aestradafutsal. All Right Reserved.
Powered By Joomla Perfect