O Vasán-Cubik Seguros aposta polo póker
Tras sumar tres vitorias consecutivas, os de Juáncar reciben ao Leis no Coto Ferreiro

leis

Juáncar dá instrucións aos seus durante un partido no Coto Ferreiro. // Bernabé/Javier Lalín

O Vasán-Cubik Seguros recibe hoxe a partir das 19.00 horas ao Leis de Pontevedra no pabellón Coto Ferreiro. Este duelo poñerá a proba a racha do equipo estradense logo de tres vitorias consecutivas, xa que recibe ao líder en solitario da categoría trala disputa das seis primeiras xornadas. O conxunto da capital do Lérez é un dos grandes favoritos ao ascenso e demostrouno cun inicio de tempada no que fixo valer o seu gran traballo defensivo -só encaixaron nove goles en seis partidos-. Estes números contrastan cos do Vasán-Cubik Seguros, sexto na táboa e máximo goleador da categoría con 31 tantos.

O adestrador do conxunto local, Juan Carlos Roia "Juáncar", recoñeceu que a vitoria pasa por esquecerse do rival. "Ímonos enfrontar a un dos mellores equipos da categoría pero debemos esquecernos del. O Leis non come a ninguén. Temos que preocuparnos de facer o noso xogo. Que sexan eles os que se preocupen de nós", explicou. Para iso, Juáncar aposta por dar moito ritmo ao partido, algo que fará sufrir a un rival máis veterano.

O Vasán-Cubik SEguros afronta este duelo coa baixa de Fabián por motivos persoais e coas dúbidas de Tojo e Tossi. Juáncar recoñeceu que será complicada a participación do segundo.

(Faro de Vigo, 09/11/2013).

A directiva do Vasán-Cubik Seguros quere encher o  Coto Ferreiro na visita do líder

entreno

Un instante do entrenamento dos homes de Juáncar, onte, no Coto Ferreiro. // Bernabé/Javier Lalín

O tirón que na Estrada ten o fútbol sala é algo que vén de moi atrás. Diso estase aproveitado o neófito Vasán-Cubik Seguros A Estrada Futsal, que viu como o pasado fin de semana foron moitos os afeccionados que viaxaron para animar ao equipo e ver como vencía en Vilalba. Os responsables do conxunto estradense queren que esa euforia non decaiga este sábado, no Coto Ferreiro, durante a visita do primeiro clasificado.

"Trátase dun encontro vital para o Vasán-Cubik Seguros xa que se enfronta ao Leis Pontevedra FS, líder da Terceira Nacional, e de conseguir os 3 puntos aferrariámonos aos postos altos da clasificación", asegura a nota emitida pola directiva do conxunto do Coto Ferreiro, que o quere encher como nos mellores tempos para convertelo este sábado nunha auténtica caldeira. A directiva e o persoal do Vasán-Cubik Seguros fan un chamamento "para que a afección abarrote o Coto Ferreiro, posto que quedou demostrado ante o Superti na casa, e en Vilalba, no desprazamento do pasado sábado, que nos momentos decisivos do partido o empuxe da afección é a nosa mellor arma". Neste sentido, os mandatarios do conxunto estradense aseguran estar "traballando nunha nova iniciativa que temos a intención de presentar o vindeiro sábado aos afeccionados" e volverán repartir invitacións a colexios e institutos da localidade para o duelo co Leis Pontevedra.

No plano estritamente deportivo, o equipo volveu ao traballo a partir do luns para preparar o importante choque deste fin de semana. De momento, Juáncar xa sabe que non poderá contar para a ocasión con Fabián, que se perderá o encontro por motivos persoais. Ademais, no Vasán-Cubik Seguros a principal dúbida a estas alturas da semana é a de Tossi, que segue arrastrando molestias no empeine dereito, que xa lle impediron xogar en Vilalba e adestrar na primeira sesión semanal xunto ao resto do grupo.

Doutra banda, Moro que sufriu un forte golpe contra o valo de protección do polideportivo vilalbés na última xornada, púidose adestrar xa sen problemas no Coto Ferreiro e, salvo complicación de última hora, estará a disposición de Juáncar para enfrontarse ao primeiro clasificado da categoría. A vitoria en Vilalba cargou de moral a un Vasán-Cubik Seguros que afronta o difícil compromiso da sétima xornada convencido de poder ser o segundo equipo que consegue tombar esta tempada ao todopoderoso conxunto da capital da provincia.

(Faro de Vigo, 6/11/2013).

O Vasán-Cubik vence en Vilalba arroupado pola súa numerosa afición.

O Vasán-Cubik Seguros A Estrada Futsal conseguiu onte unha importante vitoria (5-10) na pista do Vilalba durante un partido onde a numerosa afección estradense levou polo aire aos homes de Juáncar. O choque foise ao descanso con empate no marcador a dous tantos, pero na continuación os do Coto Ferreiro apropiáronse do encontro vapuleando ao conxunto lucense en todas as fases.

Dous Hat Trick de Fabi e de Moro, un par de goles de Tojo e senllos de Rafa e Kinso asinaron o marcador definitivo dun Vasán-Cubik Seguros que onte deu un golpe na mesa dentro da Terceira Nacional. O cadro da Estrada formou cun quinteto inicial composto por Maricho, Tojo, Moro, Fabi e Kinso. Durante o encontro tamén dispuxeron de minutos homes como Marcos Sesar, Rafa, Rebo e Botel. A destacar o bo ambiente reinante no pavillón entre os afeccionados de ambos os equipos.

(Faro de Vigo, 03/11/2013).

O Vasán-Cubik de Juáncar visita ao Vilalba sen o lesionado Tosi.


O Vasán-Cubik Seguros A Estrada Futsal viaxa esta tarde a terras lucenses para xogar na pista do Vilalba (18:00 horas) a sexta xornada do campionato ligueiro. Os de Juáncar chegan á cita ocupando a décima posición, mentres que o seu rival faino na penúltima praza da clasificación da Terceira Nacional. Tosi, con molestias nun pé, é a única baixa dos do Coto Ferreiro, aínda que o seu técnico recorda que "imos todos pero hai varios que están aínda renqueantes".

O adestrador do Vasán-Cubik Seguros non dubida en falar de "partido trampa" o que esta tarde enfronta aos seus co Vilalba porque "non é tan fácil como parece", asegura.

(Faro de Vigo, 02/11/2013).

titulo
helvetia
Samaná
Edente
Aluminios Campos
O Camiño
Centro Médico San Paio
Turgalia
Start Motor
Reale Seguros
Vidromoss
 
Copyright © 2021 aestradafutsal. All Right Reserved.
Powered By Joomla Perfect