O Vasán - Cubik Seguros viaxará a Vilalba coas dúbidas de Rafita e Rebo.

O Vasán - Cubik Seguros A Estrada Futsal disputará este sábado unha nova xornada ligueira diante do Vilalba Fútbol sala. Un desprazamento ao que o equipo estradense que adestra Juáncar viaxa coas dúbidas de Rafita e Rebo. O primeiro ten molestias no empeine do pé dereito tras unha entrada recibida no partido ante A Pontenova, mentres que o segundo ten dores nun dedo do pé dereito. Quen previsiblemente será baixa é Marcos Sesar, que está semana non adestrou co grupo pola súa lesión no nocello dereito.

Desde o club animouse aos afeccionados interesados a viaxar no autobús do equipo este sábado. Hai 35 prazas dispoñibles, con saída ás 15.00 horas do sábado desde a Praza do Concello. Unha saída que se considera vital xa que unha vitoria posibilitaría subir posicións na táboa clasificatoria.

Doutra banda, incorporouse un novo colaborador ao Vasán - Cubik Seguros. José Pombo, coñecido no deporte estradense, asume o cargo de delegado de pista nos partidos do Coto Ferreiro.

(La Voz de Galicia, 31/10/2013).

O Vasán-Cubik Seguros continúa na senda da vitoria.
Os estradenses gañaron ao Pontenova con tantos de Moro, Rafita e Tosar.

vasan superti

Imaxe do partido xogado no Coto Ferreiro. // Bernabé/Javier Lalín

O Vasán-Cubik Seguros logrou a súa segunda vitoria da tempada diante do Pontenova (5-2). Os estradenses deixaron unha gran imaxe nun partido que dominaron de principio a fin e no que despexaron calquera tipo de dúbida sobre o seu rendemento tras unha semana marcada polas baixas.

O equipo local comezou o partido moi centrado e axiña plasmou o seu mellor xogo no marcador. Aos oito minutos, os pupilos de Juáncar xa vencían por 3-0 a un rival totalmente superado. Pese a todo, o Pontenova reduciu diferenzas antes do descanso (3-1).

Trala reanudación, os locais subiron aínda máis o seu ritmo de xogo e comezaron a crear numerosas ocasións de gol que non lograron materializar. Si o fixeron os visitantes, que levaron a inquietude ao Coto Ferreiro co seu segundo tanto. Os estradenses non notaron a presión e de contado ampliaron a súa vantaxe para vivir un cómodo final de partido no que o seu rival buscou a remontada con porteiro dianteiro.

Polo Vasán-Cubik Seguros xogaron César, Rafita, Moro, Tojo, Kinso -cinco inicial- Botel, Rebo, Fabi e Tosar. Descansaron por precaución Sesar e Maricho. Os tantos foron obra de Moro (3), Rafita e Tosar.

(Faro de Vigo, 27/10/2013).

O Vasán-Cubik Seguros mídese ao Pontenova coas baixas de Sesar, Rebo e Fabián.

a pontenova

Imaxe dun partido anterior dos estradenses. // Bernabé

Tralo seu brillante triunfo diante o imbatido Troula Betanzos, o Vasán-Cubik Seguros A Estrada Futsal intentará prolongar a súa dinámica gañadora coa visita do Pontenova ao pavillón Coto Ferreiro (16.00 horas). Os estradenses afrontan este choque desde a penúltima posición da táboa tras lograr un triunfo nas catro primeiras xornadas. O seu rival pola súa banda é sétimo cunha vitoria máis na súa conta.

A preocupación do técnico local, Juan Carlos Roa "Juáncar", eran as baixas. Os locais non poderán contar cos lesionados Sesar e Rebo, nin con Fabián, por motivos laborais. A eles únese o meta Maricho, que será previsiblemente reservado polos seus problemas físicos. O adestrador compostelano recoñeceu que estas baixas mermarán o equipo pero tamén deixaron unha semana floxa de adestramentos. "É un rival asequible pero nós vimos dunha semana mala de adestramentos. Confío no equipo pero teño medo. Como se adestra, xógase", sentenciou o técnico.

(Faro de Vigo, 26/10/2013).

O Vasán-Kubik  Seguros invita aos escolares ao partido do sábado co Superti A Pontenova.

Invit.escoloares

Ocadro de Juancar quere encher o Coto Ferreiro. // Bernabé/Luismy

A xunta directiva do Vasán-Kubik Seguros A Estrada Futsal repartirá mañá invitacións nos colexios da Estrada para que os escolares da zona poidan asistir ao partido que este fin de semana enfronta, no Coto Ferreiro, ao cadro de Juancar co Superti A Pontenova. A intención dos dirixentes do conxunto estradense é que "o pavillón recupere o ambiente das grandes ocasións, tal e como se demostrou o pasado sábado no partido co Troula Betanzos", aseguran no seu comunicado. Para os mandatarios do Vasán-Kubik Seguros é "importante para o equipo que a afección empuxe" nos partidos onde os estradenses xogan como locais.

Por outra banda, o equipo regresou o luns aos adestramentos con varias dúbidas para o choque deste fin de semana. Marcos Sesar ten unha inflamación no nocelo esquerdo e está pendente de evolución posto que non lle permitiu adestrar nin o luns nin o martes co grupo. Ademais, Fabián tivo que abandonar a sesión do martes por unha indisposición intestinal, e Maricho segue arrastrando molestias causadas por unha rotura de fibras producida durante o choque co Santiago, do mesmo xeito que Rafita, que adestra co equipo con problemas no seu xeonllo dereito. Juancar espera poder contar con todos eles para a cita que dará comezo ás 16:00 horas no polideportivo.

(Faro de Vigo, 24/10/2013)

titulo
helvetia
Samaná
Edente
Aluminios Campos
O Camiño
Centro Médico San Paio
Turgalia
Start Motor
Reale Seguros
Vidromoss
 
Copyright © 2021 aestradafutsal. All Right Reserved.
Powered By Joomla Perfect