O Vasán-Cubik Seguros perde co Burela e segue sen puntuar.
Tres derrotas en tres partidos é o balance do Vasán-Cubik Seguros no inicio de tempada en Terceira Nacional. Os estradenses caeron nesta ocasión na súa visita á pista do Burela B, un partido que terminou cun axustado 3-2 no seu contra. Os pupilos de Juáncar volveron pagar os seus erros en momentos crave e unha vez máis viron como a balanza se decantaba a favor do seu rival nun axustado cara a cara.


Os estradenses comezaron mal o partido e encaixaron dous goles nos compases iniciais. Iniciaron entón un acoso que obtivo rendas pouco antes do descanso cun tanto de Moro. Trala reanudación, o Vasán-Cubik Seguros mellorou aínda máis e puxo cerco á meta rival, aínda que sen éxito.

Non fallou o filial do Burela, que aproveitou unha contra para poñerse 3-1. Rebo reduciu diferenzas e devolveu as esperanzas a falta de catro minutos. Os estradenses intentárono sen éxito con varias ocasións claras de gol nas últimas xogadas do encontro.

Polo Vasán-Cubik xogaron César, Rafa, Tosar, Moro, Tojo -cinco inicial- Sesar, Kinso, Botellín e Rebo.

(Faro de Vigo, 13/10/2013).

equipo.liga

Equipo do Vasán-Cubik que debutou onter como local. // Bernabé/Luismy

O Vasán-Cubik cae no seu debut ligueiro como local diante dun mellor Santiago B.

O Vasán-Cubik A Estrada Futsal non puido brindar onte unha vitoria á súa afección no primeiro partido da tempada dos de Juáncar no Coto Ferreiro. O cadro estradense foi superado polo Santiago B nun partido que finalizou cun axustado 4-5 para os de Compostela, que ao descanso tamén vencían por 2-3 aos da Estrada. Ambos conxuntos ofreceron un choque por momentos aloucado, sobre todo, despois de que os locais conseguisen empatar a 3 tras un mal inicio do Vasán-Cubik que fixo que o filial do Santiago estivese 0-3 no marcador.

Os de Juáncar formaron cun quinteto inicial composto por Maricho, Mouro (1), Toxo (1), Sesar e Rebo, que entrou máis frío que o rival na pista do Coto Ferreiro. Tras remontar e igualar a contenda, o Vasán-Cubik tivo nos pés de Rafita unha ocasión inmejorable para adiantarse pero este fallou o man a man. De todos os xeitos, o xogador estradense terminou facendo dúas valiosas dianas tras saír desde un banquiño no que lle acompañaron César, Kinso, Boti e Fabián.

Juáncar recoñecía ao final do encontro a superioridade do rival dicindo que "eles foron superiores e estiveron moito mellor físicamente e ata me pareceu que van cun marcha máis que o resto e que cando queren apertar gañan fácil".

(Faro de Vigo, 6/10/2013).

Vasán-Kubik e Santiago B "estrean" o Coto Ferreiro.

O Vasán-Kubik Seguros A Estrada Futsal debuta esta tarde, ás 16:30 horas, como local durante a visita do Santiago Futsal B ao Coto Ferreiro. Juancar dispón de todos os seus efectivos para a cita agás Tossi, que a perderá por motivos persoais. O adestrador do Vasán-Kubik Seguros recoñecía onte que "estamos con ganas de conseguir os 3 primeiros puntiños que nos virían como auga de beber". O técnico sinalou que "a xente está moi motivada e concentrada debido a que é o debut ante a nosa afección".

Polo que respecta ao rival, Juancar indicou que na Estrada coñecen moi ben as virtudes e os defectos do filial santiagués, un equipo que o técnico estradense cualifica como "correoso e avezado, que adestra cinco días á semana, que virá propoñer un partido de moitísimo ritmo". Así pois, o Vasán-Kubik intentará ralentizar o xogo no encontro de hoxe para "non caer no correrúas que tanto lles gusta a eles en todos os seus partidos", explicou Juancar.

(Faro de Vigo, 5/10/2013).

Juáncar: "Podemos dar a sorpresa".
O técnico do Vasán-Cubik valora as opcións do seu equipo pese ao seu incio con derrota.

juancar1

Juáncar, onte no adestramento do seu equipo no Coto Ferreiro. Bernabé/Javier Lalín.

O Vasán-Cubik A Estrada Futsal viviu o pasado domingo o primeiro partido da súa historia. Este encontro saldouse cunha derrota por 7-5 que non mermou a ilusión no seo do equipo. Cun bloque asentado nos xogadores da casa e co vello capitán Juan Carlos Roia "Juáncar" aos mandos, os estradenses aspiran a manterse na categoría como primeiro paso. O seu técnico agarda con todo que poidan dar máis. "A actitude e o compañeirismo dentro deste equipo é espectacular. Con estas ganas non podemos descartar nada. Non creo que vaiamos terminar entre os catro primeiros, porque seguro que nos tocará pagar a novatada, pero creo que podemos dar a sorpresa", argumentou.

O adestrador sinalou que o primeiro partido deixou boas sensacións malia a derrota. "Pensei que ía ser peor do que foi. Fixemos unha gran primeira parte, na que nos fomos 0-1 pero puidemos ir 0-2 ou 0-3. Na segunda creo que notamos o cansazo e perdemos por cinco fallos. Con todo, son fallos correxibles, así que en liñas xerais estou contento", afirmou.

titulo
helvetia
Samaná
Edente
Aluminios Campos
O Camiño
Centro Médico San Paio
Turgalia
Start Motor
Reale Seguros
Vidromoss
 
Copyright © 2021 aestradafutsal. All Right Reserved.
Powered By Joomla Perfect