O A Estrada Futsal solicita a acta do partido que Adrián non puido disputar
O club quere saber si o árbitro incluíu no anexo que lle impediu xogar por usar lentes

AdrianDiaz

Adrián Díaz xunto coa súa nai, Purificación Rodríguez, no Coto Ferreiro da Estrada. // Bernabé/Adrián Rei

   O A Estrada Futsal remitiu onte á delegación de Pontevedra da Federación Galega de Fútbol Sala un escrito solicitando unha copia do acta do partido que o pasado sábado disputaron no Coto Ferreiro o seu equipo cadete e o Cotobadés. O colexiado da contenda negouse en rotundo a que o xogador local Adrián Díaz puidese participar no encontro por utilizar lentes, aínda que tanto os seus pais como os responsables da entidade aseguraron que o mozo utilizaba unhas lentes homologadas para a práctica deportiva. José Manuel Reboredo, presidente do A Estrada Futsal, confirmaba onte o envío dun fax para saber "si como nos dixo aos directivos o propio árbitro, ía incluír un anexo no acta indicando a causa pola que finalmente non deixou xogar a Adrián". 

   O incidente que empañou a disputa do encontro da base estradense é considerado polo club local "un caso vital", segundo sinalou o seu presidente. Reboredo explicou que, ao parecer, "ata agora só era necesario un escrito dos pais do xogador para autorizar a que xogase, que era remitido á correspondente delegación federativa para que dese a súa OK". Tanto os directivos do A Estrada Futsal como os pais de Adrián Díaz consideran que o árbitro morañés do partido se excedeu na aplicación do regulamento posto que o cadete estradense nunca ata o pasado sábado tivera problema algún para poder competir. Agora, o A Estrada Futsal quere coñecer os termos nos que se redactou a acta do polémico encontro para actuar en consecuencia. De todos os xeitos, os proxenitores do xogador estradense, que o sábado intentaron razoar sen éxito co árbitro de partido, pensan que o sucedido con Adrián é un claro caso de discriminación. 

   Cabo recordar que o Regulamento Xeral e Disciplinario da Delegación Provincial de Pontevedra indica no punto 24 das bases, literalmente, que "os xogadores que usen lentes poderán ser alineados sempre que estas sexan homologadas". Durante o descanso do partido dos cadete do pasado sábado recordóuselle ao colexiado este punto para argumentar que Adrián Díaz cumpría con todos os requisitos para poder vestirse de curto, ao que o trencilla fixo caso omiso insistindo que non tiña pensado autorizar a súa alineación.

(Faro de Vigo, 21/03/2017).

O Mimela-Inversa gana con solvencia na Coruña e conquista o liderato

Corua

O equipo estradense acordouse do lesionado Jorge antes do partido.

   Vitoria importante a conseguida na mañá de onte por parte do Pastelería Mimela-Inversia A Estrada Futsal na súa visita ao Barrio das Flores coruñés. Os de Marcos Sesar dominaron a pracer ao cadro herculino nun partido que axiña se lles puxo de face grazas ao gol de Rebo. Un despiste propiciou o empate local ao comezo da segunda metade, pero primeiro Moro e despois Julio decantaron a balanza do bando estradense.

   Os puntos conseguidos onte na Coruña e o empate do Pazos de Borbén na pista do Ourense 2014 fan que os do Coto Ferreiro lideren a Terceira galega.

(Faro de Vigo, 20/03/2017).

O A Estrada Futsal, cun menos
O colexiado impide xogar a Adrián Díaz, malia usar unhas lentes homologadas

CadeteA2

Adrián Díaz, con gafas, xunto ao resto do equipo. // Bernabé/Adrián Rei

   A polémica xurdiu na mañá de onte durante o partido entre o A Estrada Futsal cadete A e o Cotobadés. O colexiado da contenda non permitiu xogar ao local Adrián Díaz Rodríguez, que acudiu ao encontro lucindo unhas lentes "que están completamente homologadas, tal e como llo fixemos saber ao árbitro",explicou o pai do xogador e directivo do club da Estrada, José Antonio Díaz. O trencilla da contenda, de Moraña, negouse en rotundo a que Adrián Díaz participase na contenda malia que "no descanso ensinámoslle a normativa, pero insistiu en que non se podía xogar con lentes", engadiu o directivo. 

   Adrián Díaz, de 14 anos, leva oito xogando de xeito regular co A Estrada Futsal sen que nunca tivese problemas para facelo coas súas lentes especiais. Os pais do mozo teñen pensado reclamar ante a federación o incidente que consideran "un claro caso de discriminación". Mentres tanto, desde o club declinábase facer onte ningunha declaración respecto diso ata coñecer os termos do regulamento oficial. De feito, o punto 24 das bases complementarias ao regulamento xeral e disciplinario da delegación provincial de Pontevedra da Galega de fútbol sala indica que "os xogadores que usen lentes poderán ser alineados sempre que estas sexan homologadas". Os proxenitores de Adrián aférranse á literalidade da norma para conseguir que o seu fillo nunca volva ter máis problemas para xogar portando as súas lentes. 

Terceira División 

   Por outra banda, o Mimela-Inversia A Estrada Futsal viaxa hoxe ao Barrio das Flores para medirse ao Academia RedBLUE5 Coruña a partir das 12.00 horas nun encontro onde poderían levantarse ao liderato. Marcos Sesar perde a Kinso por lesión para unha cita importante, aínda que "non dependemos de nós mesmos para ser primeiros", recordaba onte o técnico dos do Coto Ferreiro á espera do que faga o actual líder, Pazos de Borbén, noMunicipal dos Remedios de Ourense. "É un partido difícil porque xogamos nunha cancha que non se nos dá nada ben", asegurou un Marcos Sesar que tamén espera un partido disputado en terras coruñesas esta mañá.

(Faro de Vigo, 19/03/2017).

A Estrada Futsal será membro da comisión de fútbol sala da federación
José Manuel Reboredo é un dos dez integrantes do novo organismo galego

 

(Pendiene de rematar)

 

 

Faro de Vigo, 16/03/2017).

titulo
helvetia
Samaná
Edente
Aluminios Campos
O Camiño
Centro Médico San Paio
Turgalia
Start Motor
Reale Seguros
Vidromoss
 
Copyright © 2021 aestradafutsal. All Right Reserved.
Powered By Joomla Perfect